Un libro fundamental para entender a actual crise enerxética.
Durante os dous últimos séculos a raza humana viviu nun mundo onde as fontes de enerxía parecían inesgotables, pero ese modelo entrou en crise e debemos buscarlle alternativas. Queres comprender a magnitude do desafío ao que nos enfrontamos? Este cómic explicarache claramente a orixe da crise enerxética, o seu desenvolvemento e as receitas necesarias para facerlle fronte de forma colectiva.
O experto climatólogo Jean-Marc Jancovici e o xenial historietista Christophe Blain (Gus, Tenente Blueberry, Isaac o pirata) unen as súas forzas para dar resposta a un dos grandes interrogantes do noso tempo: podemos reverter o cambio climático?