Ten flores verdes, ás veces amarelas, e unhas froitas vermellas que se comen.Sempre lle pregunto cando me vou a curar, para non ir máis ao hospital. As follas abaneanco vento... parecen dicir: Axiña
axiña
! En pleno entroido de Bissau, distínguese a vidados nenos guineanos cos traballos, e os días de escola e hospital, e envolvéndoo todo,o drama da SIDA. Pero hai un refuxio para os xogos, os segredose a esperanza
Á sombra dos anacardios medra a vida.Este libro é parte do proxecto da ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZsobre a SIDA na infancia en Guinea Bissau
1º-2º Primaria