La familia / Sara Mesa
Tipo:
Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CIFP A Farixa Sala préstamo | 82-N MES fam | Dispoñible | OER001000001037 |
|
"Nesta familia non hai segredos!", proclama ao inicio do libro Damián, o pai, un home de ideas e ideais fixos, obsesionado coa rectitude e a pedagoxía. Pero esa casa sen segredos está, en realidade, ateigada de fendas e a opresión que se respira entre as súas paredes terminará creando vías de escape, códigos clandestinos, ocultacións, finximentos e mentiras.
Formada por dúas nenas, dous nenos, unha nai e un pai, esta familia, aparentemente normal, de clase traballadora e chea de boas intencións é a protagonista dunha novela coral que abarca varios decenios e en cuxas historias latexa o desexo de liberdade e a crítica aos pilares tradicionalmente sostidos e que aínda sostén a institución familiar: autoritarismo e obediencia, vergonza e silencio.