Nuestra parte de noche / Mariana Enriquez
por Enríquez, Mariana (1973-)
.
Tipo: 






Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|
CIFP A Farixa Sala préstamo | 82-N ENR nue | Dispoñible | Premio de la crítica 2019, Premio Herralde de Novela | OER001000001035 |
|
Premio Herralde de Novela
Premio da Crítica 2019
Premio Kelvin 505 á mellor novela orixinal el castelán 2020
Premio Celsius á mellor novela de ciencia ficción e fantasía en español 2020
Un pai e un fillo atravesan Arxentina por estrada, desde Buenos Aires cara ás cataratas de Iguazú, na fronteira norte con Brasil. Son os anos da xunta militar, hai controis de soldados armados e tensión no ambiente. O fillo chámase Gaspar e o pai trata de protexelo do destino que lle foi asignado. A nai morreu en circunstancias pouco claras, nun accidente que seica non o foi.
Como o seu pai, Gaspar está chamado a ser un médium nunha sociedade secreta, a Orde, que contacta coa Escuridade en busca da vida eterna mediante atroces rituais. Neles é vital dispoñer dun médium, pero o destino destes seres dotados de poderes especiais é cruel, porque o seu desgaste físico e mental é rápido e implacable. As orixes da Orde, rexida pola poderosa familia da nai de Gaspar, remóntanse a séculos atrás, cando o coñecemento da Escuridade chegou desde o corazón de África a Inglaterra e desde alí estendeuse ata Arxentina.
O lector atopará nestas páxinas casas cuxo interior muta; pasadizos que esconden monstros inimaxinables; rituais con feros e extáticos sacrificios humanos; andanzas no Londres psicodélico dos anos sesenta, onde a nai de Gaspar coñeceu a un mozo cantante de aire andróxino chamado David; pálpebras humanas convertidas en fetiches; enigmáticas liturxias sexuais; a relación entre pais e fillos, coa carga dunha herdanza atroz; e, de fondo, a represión da ditadura militar, os desaparecidos e, máis adiante, a incerta chegada da democracia, os primeiros brotes da sida en Buenos Aires... O terror sobrenatural entrecrúzase con terrores moi reais nesta novela perturbadora e cegadora, que consagra a Mariana Enriquez como unha escritora fundamental das letras latinoamericanas do século XXI.
Adultos/as